Galego

«Propter magnare creatus»... Lingua, literatura e gastronomía entre Italia e a Península Ibérica

Congreso Internacional

Santiago de Compostela, 21-23 de setembro de 2016

 

Lingua, literatura e gastronomía entre Italia e a Península Ibérica

Europa, construída a partir da confluencia de culturas diversas, elaborou dende a Idade Media unha identitade extremadamente rica e multiforme. Parte integrante da cultura europea son os modelos alimentarios e gastronómicos, que se mostran como elementos decisivos na formación das identitades colectivas. Porén, a identitade non é algo estático, senón que se basea no intercambio e se transforma co tempo. Dende a tendencia universal da cociña renacentista á formación de tradicións locais ben definidas, ata o hibridismo da cociña moderna, a gastronomía tamén expresou a súa forza creadora e innovadora a través da lingua e da literatura. O obxectivo deste congreso, daquela, é trazar, ao longo dos séculos, a forte ligazón existente entre gastronomía, lingua e literatura e, en especial, a contribución destes factores á construción dunha cultura europea común e compartida, aínda que atenta ás especificidades dos territorios particulares, sobre todo na área mediterránea: de feito, Italia e o mundo hispánico mostráronse dende a Antigüidade como importantes ámbitos de intercambio e de transmisión de saberes.

 

Máis alá das cuestións académicas, o presente congreso quere ser tamén unha ocasión de encontro entre o mundo científico e o dos profesionais da restauración e servir de espazo de reflexión sobre o pasado e sobre o futuro da cultura gastronómica.

 

 

 

Calendario e informacións:

 

  • Envío de propostas de comunicación: título e resumo inferior a 10 liñas, do 15 de febreiro ao 20 de abril. Enderezo: segreteria@proptermagnarecreatus.com

 

  • Prazo límite de entrega das propostas de comunicación: 20 de abril de 2016.

 

En vista de que seguen chegando propostas de comunicación para o Congreso, acordamos prorrogar o período de recepción ata o 20 de maio.

 

 

 

  • Formulario:

 

  • Prazo límite de entrega do texto completo para a súa publicación: 30 de novembro de 2016. Enderezo: segreteria@proptermagnarecreatus.com

 

  • Inscrición ao congreso: aberto o prazo ata o 19 de setembro.

 

Prezo de inscrición (actas do congreso incluídas): 80€; estudantes 40€; pensionistas e parados 40€.

As novidades informativas estarán disponibles a partir do 22 de febreiro no sitio: www.proptermagnarecreatus.com

 

Está recoñecido con 1 crédito formativo como materia optativa para os estudantes da Universidade de Santiago de Compostela que participen no Congreso.

 

A isncrición inclúe os materiais de traballo, a participación nas actividades do grupo, o café das pausas e a publicación das actas do congreso.

 

 

Hoteis:

 

Debido ás datas e á concurrencia de distintos congresos en Santiago na mesma semana, recoméndase proceder á reserva do aloxamento. Contactamos con distintos hoteis para acordar un prezo reducido para os participantes no congreso. Para reservar a súa praza contacte coa secretaría técnica, a empresa StarPlanning

 

Teléfono: +34 881 978 488

Email: congreso@starplanning.es

 

 

Inscrición:

 

Para proceder á inscrición siga a seguinte ligazón: http://www.starplanning.es/congreso/gal/